Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
SE EU FOSE ALCALDESA ...

... “Faría máis parques para que xoguen os nenos”

Cristina Puga

    Cargando reproductor ...

Residente en O Milladoiro, casada, que tres cousas faría en favor dos veciños e veciñas?

O primeiro sería arranxar as beirarrúas, porque están as baldosas moi levantadas. É un estorbo para os que imos camiñando. En segundo lugar, faría máis zonas verdes. Aquí abaixo hai un parque para os nenos, que agora está en obras, e o certo é que non evoluciona moito... os que teñen fillos pequenos non teñen onde levalos. E en terceiro, fomentaría as actividades culturais. Vexo que en Bertamiráns, sendo o mesmo concello, hai máis, e aquí no Milladoiro, en cambio, creo que estamos menos cubertos nesa parte.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

Que tes todos os servizos ao alcance da man. Non precisas coller o coche para ir tomar algo, a cear ou a mercar. Está todo preto. Ademais, eu a verdade é que fago moito uso do comercio local e sempre atopo de todo en calquera dos sectores. Teño todas as necesidades cubertas aquí e non preciso moverme a Santiago ou a outros concellos.

E o que peor leva?

O peor... quizá que non temos a praia aquí ó lado, aínda que estea a vinte minutos. Xa sen bromas, quizá que non temos zonas ben preparadas para poder facer deporte ao aire libre, por exemplo. Sigo a botar en falta máis zonas verdes.

21 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.