Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
SE EU FOSE ALCALDE ...

... “Faría máis prazas de aparcamento e xardíns”

Roberto Calaza, asesor xurídico da Consellería do Mar

    Cargando reproductor ...

Residente en O Milladoiro, casado e con fillos, que tres cousas faría en favor da veciñanza?

O primeiro que faría é máis prazas de aparcamento. Temos as do Supercor e a do aparcamento de arriba, pero está en terra pura. En segundo lugar, arranxaría as beirarrúas, porque están moi estropeadas nalgúns sitios e con bastante suciedade. E en terceiro, máis zonas axardinadas e piscinas públicas. As que hai están moi saturadas. En xeral, estaría ben crear máis zonas de ocio. Quizais tamén estaría ben un cine, pero non sei que demanda tería. Sería alta se os prezos fosen módicos, pero bueno, hoxe manéxanse os prezos que se manexan.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

Que tes de todo e estás cerca de Santiago. En ocasións teño ido andando a facer algún recado a Compostela. Se quero ir a algunha libraría, por exemplo, e está bo día, incluso vou andando.

E o que peor leva?

Que hai moita xente sen papeles. Eu penso que as persoas que están aquí sen eles deberían regularizalas porque iso xera moita inseguridade. Poden cometerse delitos e non se teñen antecedentes nin pegadas dactilares. Estaría ben regularizar a situación de todos, e non me refiro a botalos. Tamén a limpeza deixa moito que desexar.

14 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.