Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Feira da San Xoán o día 22 e 23 ca patronal XEA

Ames. Volve, na súa segunda edición, a feira de San Xoán, que organiza a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), en colaboración co Concello de Ames, os días 22 e 23 de xuño no parque do Ameneiral, en Bertamiráns.

Vaise inaugurar o mércores 22, ás 17.30 horas. Tras a presentación, ás 18.00 horas, as persoas asistentes poderán gozar dunhas pezas co grupo As Maianas. Esta actuación enmárcase dentro do programa de Música nas parroquias, posto en marcha pola concellaría de Cultura. Para pechar a primeira xornada da feira, ás 21.00 horas, e dentro da programación AmesON, da concellaría de Promoción Económica, actuará o coro Son Elas. Xa para o xoves 23, vaise desenvolver en horario de mañá, de 11.00 a 13.00 horas, e de tarde, de 17.00 a 20.00 horas. Ao longo de toda a xornada haberá inchables e un taller de tatuaxes para nenos, cun peche de feira, ás 20.30 horas, no que actuará a banda de rock do Concello veciño de Brión, V-Roc. m.m.

20 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.