Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Feira dos empresarios sen sardiñas pero con troula

Ames. A Asociación Xuntanza de Empresarios de Ames celebrou a I Feira de San Xoán en Bertamiráns, na que non se poideron asar sardiñas nen desfrutar da gran cacharela, pero si visitar e mercar nos postos de artesanía. Ademais, houbo música e outras actividades.

“Unha gran iniciativa desenvolvida por esta asociación que xa supera os cen asociados”, apuntaba o rexedor, Blas García, que visitou este novidoso foro. “Sempre defendo a necesidade da existencia e apoio das asociacións, porque fan unha labor importantísima, e son unha peza fundamental para os gobernos para que exista unha comunicación bidireccional, e coñecer as necesidades dos diferentes sectores”, continuaba a mesma fonte, agradecendo a Jorge López, presidente de XEA, e a Bea López o seu traballo na organización desta feira, “que oxalá siga a celebrarse en anos vindeiros”. Entre outros, actuaron Conexión Habana ou A Banda de Nash. m. manteiga

25 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.