Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Festival na vila boqueixanesa para celebrar as nosas letras

Boqueixón. Achégase a celebración do día da nosa lingua e os concellos da comarca están xa a cerrar a súa programación para celebralo, cumprindo sempre as debidas medidas de seguridade.

O Concello de Boqueixón ten xa previsto un completo festival para conmemorar a cita. Desenvolverase o vindeiro domingo 16 de maio nas Ínsuas de Gres (Ponte Ledesma), unha localización que, segundo indicaron dende o departamento de Educación e Cultura do Concello, se escolleu “pola súa relación coa vida e obra de Xosé Neira Vilas, que dá nome ao certame anual de relato curto”.

Ademais, a ínsua “pertence ao Concello de Boqueixón e representa un nexo de unión das dúas bandas do río”, apuntaron. O festival arrancará ás 12.00 horas e o acto central será a entrega de premios do VII Certame de Relato Curto Xosé Neira Vilas.

Todos os asistentes recibirán cadanseu libro recompilatorio dos traballos galardoados neste concurso. A asistencia é de balde pero o aforo está limitado. Hai que anotarse en cultura@boqueixon.com ou no teléfono 981 513 115 antes do día 14 de maio. A. P.

05 may 2021 / 17:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.