Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Fin ós cheiros e ás verteduras do CPI ca depuradora vedresa

Está rematada a primeira fase das obras dos novos colectores e da planta de augas residuais

Xa está rematada a primeira fase das obras dos novos colectores e da estación depuradora da parroquia de Santa Baia, en Vedra. A actuación comeza a solucionar os problemas de saneamento dunha das principais zonas do concello, onde se ubican servizos como o CPI, o centro de saúde, as instalacións deportivas ou a casa consistorial.

Trátase dun proxecto incluído no POS+2019 e que contou cun orzamento de saída próximo ó medio millón de euros. Desta cantidade, case 150.000 son aportados pola Deputación da Coruña, e 350.000 polo propio Concello.

A obra foi adxudicada á empresa Espina y Delfín S.L. por un total de 376.861,93 €.

O obxecto do contrato, segundo a memoria do proxecto, é dar unha solución global á parroquia de Vedra construíndo unha depuradora única nun lugar adecuado. A instalación conseguirá que as verteduras sexan inocuas.

Ao mesmo tempo que se pon fin ós problemas da parroquia, a obra contempla unha solución concreta para o CPI, que arrastraba dende hai anos problemas de verteduras e cheiros, ó depender dunha fosa séptica. O proxecto inclúe un colector por gravidade de carácter separativo que conecta o CPI de Vedra coa EDAR. Co remate desta primeira fase, a nova depuradora do Pereiro comezará a recibir os residuos do colexio, pero está prevista a ampliación das redes de colectores en futuras fases.

29 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.