Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Financiación provincial para sinalizar a ruta Pensa Nao

Dodro. A área de Turismo da Deputación da Coruña, que xestiona o vicepresidente Xosé Regueira, financia a renovación da sinalización da ruta literaria Pensa Nao, que transcorre polo concello de Dodro. Esta ruta, deseñada polo Concello e sinalizada por vez primeira no ano 2009, está baseada no libro de Anxo Angueira Pensa Nao, obra que resultara gañadora do Premio Xerais no ano 1999.

Os traballos de renovación da sinalización incluirán a colocación de novos postes e paneis informativos nos puntos clave do percorrido que conectan a historia da novela cos espazos xeográficos polos que transcorre. “Esta nova sinalización contribúe á posta en valor dunha ruta que pensamos que debe funcionar como un reclamo turístico de primeira orde, que conecta un territorio concreto e unha serie de elementos patrimoniais e etnográficos con todo un universo literario, dándolle unha dimensión máis ampla e un valor cultural engadido”, asegura Regueira.

A ruta Pensa Nao ten unha lonxitude de preto de catorce quilómetros e atravesa o concello de Dodro de norte a sur, percorrendo os seus principais xacementos arqueolóxicos, como por exemplo os petróglifos de A Devesa e os de Bouza Badín. arca

26 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.