Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 28 octubre 2021
15:24
h

Formación empresarial para gandeiros en Boqueixón

Boqueixón. O vindeiro xoves, 22 de abril, arranca a primeira acción formativa especializada dirixida aos gandeiros no marco da Estratexia de dinamización do sector lácteo galego que está a pór en marcha a Consellería do Medio Rural. Esta iniciativa, que se desenvolverá no Pazo de Quián, en Sergude, no municipio de Boqueixón, persegue, en primeiro lugar, “facilitar aos participantes coñecemento e ferramentas útiles no campo do control e xestión de custos” indican dende o Goberno galego. “Trátase, tamén, de facilitarlles unha visión e un potencial máis amplos no eido económico sobre a súa actividade gandeira e identificar proxectos conxuntos ou individuais que poidan ser susceptibles de apoio posterior por parte da Xunta”.

En total, o curso contempla seis módulos, que se desenvolverán noutras tantas sesións, ao longo de seis semanas. Cada unha será de media xornada (cinco horas en total). O programa da acción formativa, no que poderán participar ata quince alumnos por edición, aborda cuestións como a xestión integral do negocio na explotación gandeira, o control de custos e elaboración de orzamentos, a optimización da xestión fiscal das explotacións, a innovación, o desenvolvemento de habilidades de negociación e os instrumentos financeiros para o crecemento e o desenvolvemento dos gandeiros. Os interesados en participar neste curso organizado pola Consellería do Medio Rural poden inscribirse a través do correo electrónico agacal@xunta.gal e no teléfono de contacto da Axencia Galega da Calidade Alimentaria: 881 997 276. C.E.

20 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.