Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Formación en seguridade e manexo de motoserras no obradoiro de emprego

a maía. Continúa o obradoiro dual de emprego ForestAmes-Brión no que participan 20 alumnos traballadores e un equipo de cinco persoas que forman o persoal administrativo e docente. Comezou o pasado 28 de decembro de 2020 e realizarase ata o 27 de setembro de 2021. Durante nove meses os usuarios reciben formación específica sobre o certificado de profesionalidade oficial de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, de 410 horas de duración. Nestes días participaron nunha demostración de seguridade e manexo de motoserra, impartida por Jardimaq Equipamentos S.L., Internaco (Husqvarna) e o especialista, Carlos Grandío. Esta actividade complementa os contidos formativos propios do certificado oficial de profesionalidade Repoboacións e tratamentos silvícolas. Ademais reciben formación teórica e práctica sobre repoboación, silvicultura, manexo de tractores e aplicación de produtos fitosanitarios, e empregan maquinaria e equipos, como motodesbrozadoras, biotrituradora, tractores forestais con distintos apeiros e aplicación de fitosanitarios. A actividade incluíu aspectos de seguridade activa e pasiva: equipos de protección, técnicas seguras de apeo de árbores de distintos diámetros, técnicas de desramado e tronzado seguro. M. O.

02 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.