Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Fotografar o viño na Ribeira do Ulla terá premio para os máis creativos

Pódense enviar un máximo de oito imaxes por persoa e hai marxe ata o 12 de novembro

Vedra. A Festa do Viño da Ulla cumpre 40 anos, e por segunda vez non poderá celebrarse de forma presencial. Con todo, o Concello estrea un concurso de fotografía chamado A cultura do viño na Ribeira do Ulla. O obxectivo, segundo sinalan fontes municipais, é “fomentar a divulgación da fotografía e pór en valor a cultura do viño na Ribeira do Ulla”, sinalan.

O tema das imaxes debe ser un dos seguintes: a paisaxe, a tradición, o patrimonio ou a innovación vitivinícola na Ribeira do Ulla; os labores para o coidado do viñedo; a vendima; ou a elaboración do viño na adega. Ademais permítese enviar ao certame ata un máximo de oito fotos, dúas por cada categoría.

A técnica será libre e só se poderán presentar traballos en formato dixital, en JPEG. Non deben incluir bordes nin marcas de auga, e está permitida a edición, pero non os rotoques que impliquen engadir, suprimir, desprazar ou redimensionar elementos.

Os que desexen participar teñen ata o 12 de novembro para facelo e deberán remitir as fotos por wetransfer a casadospeons@concellodevedra.com. Tamén deben ir acompañadas da inscrición. Hai catro premios, de 300 euros cada un. A. P.

09 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.