Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Fundación Civio critica un contrato fraccionado dende a alcaldía amesá

O grupo do PP tilda de “trileiro” ó rexedor polos decretos para dividir os importes dos autocines

A Maía. Despois de que a Fundación Civio divulgase que o Concello de Ames fraccionou en dous un contrato de 16.500 euros (por unha banda dividiuse a actuación e por outra o alquiler do equipo) a un empresario “para celebrar un espectáculo”, o PP lamenta que esta fórmula que permite adxudicacións a dedo por menos de 15.000 € tamén se repetise co autocine nas dúas urbes, tildando de “trileiro” ao alcalde socialista.

Así, e despois de asegurar que esta práctica é frecuente no Concello de Ames, os populares lembran que co cine ao aire libre reproduciuse esta práctica, xa que a pesar de que o evento foi similar nos dous núcleos amesáns, asinouse “o decreto 2903 para adxudicar por 13.980 € a realización do servizo de Autocine, desenvolvida en Bertamiráns e co Decreto de Alcaldía 3212 adxudicando o mesmo servizo por 10.800 euros na última semana de decembro no Milladoiro”, sempre sen ive, de xeito que o que semellaba un único contrato fraccionouse en dous por 24.780 euros ( máis 5.203 de ive).

Do mesmo xeito, a oposición pensa que para intentar disimular esta práctica, denominouse ao evento “Ames Drive Cinema en Bertamiráns e Autocine do Nadal no Milladoiro”, encadrándoo en dúas concellarías e campañas distintas e con aplicación orzamentaria diferente. C.G.

03 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.