Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Gastaron o 98 % dos cartos das tarxetas bono Progresa

Ames. Despois de rematar a campaña de tarxetas bono Ames Progresa, chega a hora das valoracións. E dende a concellaría de Promoción Económica, con Ana Paz á fronte, lembran que dende o 1 de marzo ao 30 de abril, realizáronse 5.857 operacións por valor de 125.159,37 euros, o que representa un 98 % sobre a contía total posta en circulación que ascendía a 127.600 euros.

En total realizáronse operacións en 212 establecementos cunha media de gasto de 590,37 euros en cada comercio. Quedou sen gastar tan só o 2 % do saldo total, e participaron 219 establecementos que tiñan unha pegatina no escaparate para a súa identificación. A través desta campaña, tratouse de dinamizar e fomentar entre a veciñanza as compras nos comercios e o consumo na hostalaría local. O Concello destinou 75.000 euros a estas tarxetas, ás que aportou o 40 % do seu valor, e os outros 5.000 euros serviron para cubrir gastos, como o de xestión e contratación. M.M.

09 may 2022 / 18:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.