Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Gran festa de Samaín en Bertamiráns este venres

Ames. A capital de Ames vai acoller este venres a festa de Samaín adiada, e que se vai desenvolver no aparcadoiro da Telleira. Está organizada pola comisión de festas de Bertamiráns e conta coa colaboración da Xuntanza de Empresarios de Ames e do Concello de cara a recadar fondos para as festas da localidade de 2023. A celebración comezará ás 18.00 horas co espectáculo infantil de clown Barullo, de Nelson Quinteiro. Abordará a cultura e a música tradicional a través dos seus instrumentos grazas ao señor Patajullo. E xa ás 20.30 será a quenda de Urakán, o grupo dos vocalistas Leo García e David Seara, que tamén forman parte da orquestra Finisterre. Haberá cantina, e os asistentes que acudan disfrazados entrarán no sorteo dunha cesta de carne e vexetais (doados por Carnicería Suso e Tomate más fruta) para facer un cocido. Promoción Económica suliña que servirá para reunir fondos, pero tamén dinamizar comercio e hostalería. M.M.

03 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.