Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 26 noviembre 2021
10:54
h
SE EU FOSE ALCALDESA ...

... “Habería mellor servizo de autobuses”

Flora Varela, viúva

    Cargando reproductor ...

Veciña do Milladoiro dende hai máis de 40 anos, viúva, que tres cousas faría en favor da veciñanza?

Mellorar o servizo de autobuses, que imos de mal en peor. Dende logo, co cambio de horarios deixáronnos abandonados. Como concibes que un domingo non teñamos autobús máis que ás 16.00 h e non haxa outro de volta ata as 19.30 horas? Teño que ir a Santiago, e en que vou? Incluso pola semana, que tiñamos un cada cuarto de hora, e agora témolos cada 20 minutos, cada media hora ou cada tres cuartos de hora. Tamén virían ben uns parques porque hai uns moi pequenos para os nenos. Eu estiven moitos anos en Vilagarcía e hai parques preciosos en todos os lados. Aquí non ves ningún.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

Eu estou moi contenta no Milladoiro, sempre que precisei algo do Concello tíveno. Son de Santiago centro, pero vin a vivir aquí hai xa máis de corenta anos.

E o que peor leva?

O problema dos horarios dos autobuses. Eso é o
peor, polo demais nada.

02 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.