Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 08 diciembre 2022
10:21
h

Habilitan un carril bici no sendeiro entre o Agro
do Muíño e Bertamiráns

ames. O Concello de Ames dotou á senda peonil que une o CEIP Agro do Muíño co núcleo urbano de Bertamiráns dun carril bici, iniciativa que se suma ás obras que tamén se realizaron en dito sendeiro para dotalo de alumeado público. En ambas actuacións investíronse un total de 52.097,06 euros. Con estas actuacións, o Concello pretende impulsar e mellorar a mobilidade sostible, mellorar a conexión entre as zonas escolares e os centros urbanos, reducir a pegada de carbono e as emisións de GEI do concello, reducir o uso do vehículo particular e mellorar a xestión do tráfico rodado, segundo explican. Dita actuación, incluída no Obxectivo Temático 4 de Cambio Climático, da EDUSI está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020. arca

20 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.