Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

As catas de viño centrarán o 16 o vídeo que o Concello vedrés emite sobre San Miguel de Sarandón e a súa popular cita

San Miguel de Sarandón, e máis en concreto, a Festa do Viño, son os auténticos protagonistas este mes do programa posto en marcha polo Concello con ánimo de dar a coñecer a historia e o patrimonio de Vedra: V 12 De Parroquia en Parroquia. O primeiro venres deste mes a técnica de turismo, Charo Canicoba, elaborou o vídeo introdutorio. Nel déronse a coñecer varios puntos clave da aldea tales como a ponte de Sarandón, a de Ximonde ou o camiño Miñoto Ribeiro.

A segunda peza audiovisual estreouse o pasado día 9, e neste caso tomaron a palabra dous fundadores da Festa do Viño da Ulla: José Albela (Rivelino) e Senén Chas. Ambos falaron sobre a primeira edición desta cita, que hai que lembrar este ano celebraría o seu 40 aniversario se non fose pola crise sanitaria. De feito xa é a segunda vez consecutiva que se ve afectado o festexo pola pandemia.

As catas centrarán o terceiro audivisual, o deste venres, día 16. “A idea que teño en mente é visitar as dúas bodegas de Sarandón e falar un pouco da denominación de orixe”, explica a técnica de Turismo, que engade que tamén lles pedirá “que me ensinen a catar un viño”. A pesca será o tema a abordar no vídeo do cuarto venres do mes. “Visitarei a estación ictiolóxica de Ximonde para falar do salmón”, relata Charo. Xa na última peza tomará o protagonismo a Asociación Cultural San Campio e o Pasabodeghas, unha ruta gaiteira polas adegas vedresas.

O V12 nacía o pasado mes de novembro de 2020 para promocionar o municipio de forma virtual. Ata outubro poderase coñecer cada mes unha parroquia, a través dos vídeos que se visualizan na páxina de Facebook @turismoVedra e na web www.concellodevedra.com.

13 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.