Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Homenaxe reivindicativa na defensa dos montes veciñais en Mazaricos

XALLAS. Arredor de 80 persoas asistiron á celebración do primeiro Día da Loita da Veciñanza Comuneira na Defensa do Monte Veciñal en Mazaricos, que comezou cunha xornada na casa de cultura e rematou cunha ofrenda floral no monumento do monte veciñal de Eirón. Nos actos interviron o alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, e os fillos do veciño de Eirón Xosé Esperante, Che de Pedro, morto en 1963 nos enfrontamentos en defensa do monte comunal.

A conmemoración desta data recoñece o papel dos homes e mulleres que ao longo da historia defenderon a propiedade comunitaria dos montes veciñais dende hai xeracións. Os actos foron promovidos pola Organización Galega de Montes Veciñais en Man Común e o Instituto Galego de Terras Comunitarias. Ao remate plantaron dous carballos como homenaxe. M. L.

23 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.