Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 04 febrero 2023
01:00
h

‘Hugo’ aborda o autismo no ciclo de teatro familiar

A Maía. A última proposta do semestre da programación de teatro de Ames para o público miúdo e familiar será a obra Hugo, da compañía Os Náufragos. Representarase este venres 1 de abril, ás 18.00 horas na casa da cultura de Bertamiráns, co gallo da celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo (este sábado 2).

As entradas para a iniciativa, coa que colabora o Agadic, pódense mercar na billeteira electrónica ao prezo de 4 euros, aínda que hai reducións do 50 % para maiores de 60, mocidade con carné xove, menores de 12 anos e familias numerosas. No que atinxe á temática, cun forte compoñente social, reflicte as experiencias de Hugo, un rapaz con TEA (trastorno do espectro autista) ao que lle gustan os avións e o piano. A través da súa relación con Laia, que o visita cada día, a obra fala da cualidade de saber comprender aos demais e da necesidade de comunicarse.Vai dirixida a toda a rapazada de entre 4 e 10 anos e aos pais. M. Outeiro

30 mar 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.