Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Informan á veciñanza de Boqueixón sobre prezos e a nova tarifa eléctrica

BOQUEIXÓN. Unha vintena de veciños e veciñas de Boqueixón asistiron á charla informativa sobre a nova tarifa eléctrica organizada polo Concello e o Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC). Unha iniciativa que tivo lugar no centro sociocultural de Lestedo. Esta charla, impartida por persoal técnico do IGCC, enmárcase dentro da campaña informativa, de apoio e asesoramento á cidadanía galega sobre a nova tarifa eléctrica implantada polo Goberno, e que desenvolve o IGCC. Así, a veciñanza de Boqueixón recibiu consellos e orientacións para aforrar na factura da luz tendo en conta os tres períodos horarios que contempla a nova tarifa (val, chaira e punta). A maiores, a veciñanza aprendeu distintos conceptos sobre o novo sistema, dende as diferenzas entre mercado regulado e libre ata como ler a nova factura. arca

24 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.