Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 04 diciembre 2021
03:22
h

Informan do prazo para alegar contra os parques eólicos dubreses e da Baña

A Baña. O Concello da Baña vén de promulgar dous bandos nos que informa á veciñanza da exposición no salón de plenos da casa consistorial dos proxectos de dous novos parques eólicos, o de Barrosino (en Marcelle, O Barro e San Vicenzo) e Vilartoxo (que tamén inclúe a Val do Dubra). Pódese alegar ata o 22 e 20 de outubro, de xeito respectivo.

Pola súa banda, desde Capital Energy e a súa filial Green Capital lembran que xa se tramitaron os documentos ambientais previos, e que se remitiron aos municipios afectados “sin que el Concello de A Baña hiciese alegación alguna a Barrosino y tampoco ninguno de sus vecinos”, mentras que sobre o de Vilartoxo, a administración bañesa “solicitó, en mayo de 2020, que se utilice la cartografía del PXOM, que no sufrieran afección los bienes patrimoniales y que se analizasen los impactos sonoros y sobre la caza del proyecto”. Rematan lembrando que os informes avalan o de Troitomil. M.M.

17 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.