Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 05 diciembre 2021
22:10
h

Inician a obra para reformar o auditorio da Casa Rosalía

Padrón. A Casa-Museo de Rosalía de Castro vén de iniciar as obras da reforma do seu auditorio, por valor de 180.000 euros, que se prolongarán ata a primavera de 2022. Están financiadas pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e pola propia Fundación Rosalía de Castro.

Acometer esta obra era un dos principais obxectivos desta Fundación nos últimos anos, dado o deficiente estado no que se encontraba o edificio, con instalacións obsoletas para a cantidade e calidade da programación que conta a Casa-Museo e con partes gravemente deterioradas, como é o caso dos camerinos e os aseos, que reclamaban melloras urxentes debido ás continuas inundacións producidas por atoparse a unha cota baixo rasante.

Alén disto, o edificio actual, construído en 1985 polo arquitecto Andrés Fernández-Albalat Lois, conta con escasos recursos para levar adiante o seu cometido principal: acoller actividades culturais en boas condicións. Non conta nin con iluminación nin con condicións sonoras axeitadas ás necesidades, nin equipamento de son que permita a realización de espectáculos escénicos.

A reforma do edificio ten o obxectivo de aumentar a capacidade do espazo e volume, para o que se realizará unha readecuación completa do interior da edificación do auditorio na que son imprescindibles adaptacións e melloras que teñen que ver co confort térmico da sala, illamento, calefacción e aireación. arca

21 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.