Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

InnovAmes premiou e presumiu de potencial tecnolóxico e audiovisual

Ames. O público respostou e acudiu ao pavillón do Milladoiro para tomar parte en InnovAmes, un evento que puxo en valor tanto os recursos como a capacidade de innovación local, fomentando a sinerxía e a colaboración entre as empresas e divulgando o capital empresarial de Ames.

Así, durante toda a xornada participou o alumnado e profesorado dos centros de ensino de Primaria e Secundaria, preto de 20 empresas amesás, coworkers do espazo colaborativo A Proa e representantes das tres universidades galegas, ademais de contar con Carlota Corzo, unha das trinta mozas con menos de 30 anos da lista Forbes.

Entre as charlas e mesas que trataron sobre tecnoloxía, innovación e audiovisual destacaron as que contaron ca firma local Tecalis, que creou un avatar do alcalde Blas García. Tamén houbo ponencias de Nanogap e Conic Vascular; interviu persoal das empresas Altia, Verial, Sistemius e Tecalis e Airvisión trouxo drons.

No que atinxe aos premios a empresas, a máis innovadora foi Arjuna, mentras que Minervas gañou o de maior impacto social e Airvisión o de alto potencial. Nos proxectos educativos, levou os 1.500 euros o CEIP de Barouta por Rego automático. O segundo, con mil euros, foi para a iniciativa Aprendemos a toponimia de Ames a través do teatro, do CEIP Agro do Muíño, e o terceiro, 500 euros, recaeu en A son da dobraxe, do Instituto do Milladoiro. M. Outeiro

17 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.