Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Instrumentos novos e outros elementos para a Escola de Música de Ames

O Concello de Ames realizou diversas melloras este ano na Escola Municipal de Música con 15.440,95 euros. Grazas a unha axuda da Deputación da Coruña, investíronse 9.500 euros na mellora de diversas aulas. E outros 5.940,95 euros serviron para adquirir novo material musical destinado ó alumnado da escola.

O pasado 1 de outubro foi a data elixida para que botara a andar o curso 2020/2021 da Escola Municipal de Música de Ames. Para a volta ás aulas do alumnado da EMMA foi necesario elaborar un protocolo específico de adaptación ao contexto da COVID, que está baseado nas indicacións sanitarias xerais e considerando tamén ás relativas ás actividades educativas e musicais.

Por outra banda, este ano realizáronse diversas melloras nas instalacións da Escola Municipal de Música de Ames. A través dunha axuda da Deputación provincial da Coruña, investíronse 9.500 euros en diversas aulas. Así púidose cambiar a moqueta da aula de batería/percusión, pintáronse as clases e mailos aseos, substituíronse os equipos de emerxencia e cambiáronse as placas de escaiola do falso teito que estaban deterioradas.

Ademais, decidiuse investir 5.940,95 euros na adquisición de novo material musical. Deste xeito, mercáronse unha frauta, un violín, un saxofón, unha guitarra, un teclado, unhas congas, unha mesa de son, altofalantes Bluetooth, atrís fixos e plegables. Tamén se mercaron elementos diversos de pequena percusión: pandeiros, agogós, cabassa, claves, frauta de émbolo, campás afinables e material de reposición por desgaste de batería/percusión: parches para batería, soportes para pratos, asento de banqueta ou mesmo cables para micros.

29 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito