Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Interésanse polo paradoiro do vello cruceiro de Portor despois da súa substitución

Barcala. O BNG de Negreira esixe información sobre o paradoiro do cruceiro da parroquia de Portor e pide explicacións sobre a substitución deste ben catalogado como patrimonio público por outro novo. O candidato nacionalista, Xosé Ramón Blanco, denuncia este “atentado contra o patrimonio de Negreira” e esixe a “súa inmediata restitución”.

Dende o Bloque rexistraron unha solicitude no concello pola que solicita que se indique o motivo de substitución do cruceiro da parroquia de Portor por un monumento novo, “sen que se executara a restauración do existente, do que se descoñece a súa localización”.

Na solicitude, dirixida ao goberno local, a organización nacionalista demanda coñecer o paradoiro dos restos do cruceiro orixinal e esixe tamén información para saber se a actuación contou con permiso de Patrimonio e da administración local. “O cruceiro de Portor está declarado patrimonio público e as veciñas e veciños teñen que saber que pasou cun ben co que non se pode actuar con esta impunidade”, sinala o portavoz nacionalista Xosé Ramón Blanco. E remata subliñando que os habitantes da vila “merecen unha resposta e o coidado do seu patrimonio”. Este xornal tamén pediu, sen éxito, datos ó Concello. O.D. Vilar

08 nov 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.