Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 30 enero 2023
17:40
h

Interese na Deputación de Lugo polos comedores

Ames. Primeiro foron representantes do Concello almeriense de Macael, pero o interese pola xestión dos comedores amesáns chegou tamén á Deputación de Lugo, a través da visita da deputada provincial Mónica Freire, da Área de Medio Rural, Mar e Mocidade.

O obxecto da toma de contacto foi coñecer o funcionamento dos comedores escolares, a loxística de transporte e a subministración de produtos locais de alimentación. Visitou a casa do concello, a cociña do CEIP Agro do Muíño e o comedor do CEIP A Maía, acompañada polo concelleiro de Educación, David Santomil, e pola técnica do departamento de Educación, Rosa García.

Segundo o edil, a rede municipal “é un modelo de xestión para moitos concellos galegos e do Estado”, lembrando que tamén acudiu Román Sánchez, xerente da cooperativa A Carqueixa, e coordinador da plataforma de comercio electrónico sondelugo.com, de distribución de produtos. M. Outeiro

10 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.