Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Investirán 600.000 € na nova senda peonil de Rois

rois. O novo delegado territorial da Xunta de Galicia en A Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado do alcalde, Ramón Tojo, visitou onte a zona na que se executará a nova senda peonil de Rois, na estrada AC-301, para dar continuidade á beirarrúa existente desde o núcleo urbano ata a rotonda das instalacións de Cortizo, na que o Concello realizará melloras. Segundo informou Trenor esta actuación terá un coste de preto de 600.000 euros. Para darlle continuidade ao itinerario, a senda peonil comezará á altura das naves industriais de Cortizo. Construirase pola marxe esquerda da antiga estrada AC-299 (Padrón-Rois) ata a actual rotonda. Dende aquí ata o núcleo de Rois, irá pola marxe dereita da AC-301, cun total de 750 metros de lonxitude. A intervención, ademais da pavimentación desta senda, contempla a execución dun sistema de drenaxe de augas pluviais e a reposición dos servizos afectados polas obras. A Xunta vai aproveitar esta actuación para acometer tamén unha mellora no trazado da AC-301 á altura do quilómetro 2,450, para aumentar o radio de curvatura nesta zona, repoñendo o camiño de servizo e mellorando a intersección situada no quilómetro 2,5. Dos arredor de 600.000 euros polos que se licitará a obra, 41.310 destinaranse á expropiación dos terreos afectados para acometer esta nova senda peonil. s. e.

02 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.