Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Isa Albela retrata o papel feminino a través da mirada fotográfica

Ata o luns poden pasar polo seu estudo A Mueblería todas as que desexen participar

Vedra. De Muller a Muller é unha acción que consiste en retratar a mulleres a través da mirada doutra muller, Isa. Os retratos realízanse sobre un fondo branco que vai mudando con pinturas ou palabras que cada protagonista pode plasmar antes de facer a foto. A finalidade é dar visibilidade á igualdade e ao papel feminino na sociedade a través da fotografía.

A difusión principal son as redes sociais do estudo onde van publicando os retratos resultantes, así como a propia evolución do fondo e do proxecto en si mesmo. Ata o vindeiro día 8 marzo Isa Albela convida a tódalas mulleres que así o desexen a pasar polo seu estudo A Mueblería (sito en Marrozos) e participar na devandita obra artística.

O propio día conmemorativo, o luns 8 de marzo, a acción trasladarase á biblioteca municipal de Vedra, de onde é Isa Albela, en horario de 11.00 horas a 13.30 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

Isa Albela naceu en Vedra en 1985, dende nena sempre tivo especial sensibilidade pola arte. Realizou o bacharelato artístico no IES de Sar, posteriormente estudou deseño gráfico na EASD Pablo Picasso, fixo un posgrado de deseño editorial na Escola BAU e ten coñecementos de fotografía tras estudar parte do CS de Fotografía na EASD Mestre Mateo.

No 2013 comezou a traballar como deseñadora freelance co seu proxecto BOH co cal acadou o I Premio Emprende Gaiás Sixto Seco na modalidade de deseño. Dende xaneiro de 2018 é copropietaria de A Mueblería, un estudo de fotografía e de deseño gráfico situado en Marrozos (Santiago de Compostela), conformado por Rubén Ramos (fotógrafo) e Isa Albela (deseñadora gráfica e fotógrafa). Están especializados en reportaxe social (vodas, bautizos e comuñóns), fotografía corporativa, branding e deseño de invitacións de voda.

Agora con esta campaña fan a súa propia conmemoración do 8 de marzo para loitar pola igualdade. C.E.

06 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
8-M
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.