Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Julius lévase o secreto da orella amesá

Ames. Isolina Martínez, veciña de Bertamiráns, será unha das protagonistas do penúltimo episodio de El Camino de Santiago by Julius, despois de que este chef fixera unha parada no Pazo da Peregrin para, da man desta amesá, coñecer como se elabora un dos pratos máis típicos do Entroido galego: as orellas.

“As orellas dan moito traballo pero que mellor doce que este que é sanísimo, só leva ovos, limón, fariña, lévedo, manteiga, anís e sal”, apuntaba Isolina, destacando que o segredo está en misturar e amasar ben os ingredientes.

Nesta segunda temporada o chef Julius percorre ao longo de vintedous episodios o Camiño do Norte amosando os lugares máis emblemáticos desta ruta mentres descobre saborosas receitas. O episodio da etapa Negreira-Ames emitirase no mes de outubro en Canal Cocina.

El Camino de Santiago by Julius é un programa de televisión que se emite na canle temática Canal Cocina. Ao longo de 22 capítulos o chef Julius Bienert percorre o Camiño de Santiago na procura dos sabores tradicionais máis sorprendentes desta ruta milenaria. M. manteiga

11 ago 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.