Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Kiko Karallo e La Nasa, no anfiteatro do Milladoiro

AMES. A concellería de Mocidade de Ames, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), organiza un novo concerto no anfiteatro do Milladoiro. Nesta ocasión, acollerá as actuacións de bandas noveis e emerxentes da comarca, que chegan cargadas de creatividade e que buscan abrirse un oco no panorama musical dos arredores. O concerto terá lugar o sábado día 12 de novembro, ás 13.30 horas, cos integrantes dos grupos Killo Karallo e La Nasa como artistas invitados para animar a sesión vermú. Situado na avenida do Muíño, fronte á nova igrexa da localidade, o anfiteatro é un espazo aberto e un punto de encontro para a mocidade nos arredores do IES Milladoiro e da zona deportiva do municipio. Dende a súa construción, este edificio foi escenario doutras actividades dirixidas tamén á xuventude, como por exemplo diversos concertos, o obradoiro de rimas en galego chamado CeibaRimas ou o ciclo de cine ao aire libre. C.G.

06 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.