Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘Liberto’ e a entrega do premio Maruxa Villanueva abren mañá o outono cultural

Padrón. A posta en escena de Liberto, pola compañía Rebordelos, e a entrega do galardón do XX Premio de Interpretación teatral Maruxa Villanueva á actriz Rocío González abrirán este sábado 6 de novembro o Outono Cultural 2021 de Padrón. Un programa que inclúe un total de 16 espectáculos gratuítos, que terán lugar no auditorio municipal de Padrón durante os dous próximos meses. Todas as actuacións serán de acceso gratuíto, sendo preciso a recollida de entradas a partir do luns anterior ao día do espectáculo no centro social da capital local, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

O Outono Cultural 2021 arrinca este sábado 6 de novembro, ás 9.00 horas, coa posta en escena de Liberto, da compañía Rebordelos. Unha obra pola que se lle outorgou a Rocío González o Maruxa Villanueva, segundo se recolle na acta do xurado. O galardón consiste nunha estatuiña e 1.200 euros que lle serán entregados polo alcalde. arca

05 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.