Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Licitados os carreiros escolares nas dúas urbes

AMES. Pola súa localización e as posibilidades que ofrecen de crear carreiros seguros e con interese ambiental, a xunta do goberno local de Ames vén de aprobar a licitación do expediente de contratación para a creación de carreiros escolares nos centros urbanos de Bertamiráns e O Milladoiro. O contrato Creación de carreiros escolares nos centros urbanos de Bertamiráns e O Milladoiro ten encaixe na liña LA4, Programa de creación dunha rede de carreiros escolares, deportivos e recreativos que favorezan a conectividade a pé e ciclable, da estratexia DUSI Impulsa Ames e que se sitúa dentro do ámbito do Programa Operativo Plurirregional de España-FEDER, axustándose ás categorías de intervención ás que haberá que atribuír o gasto da operación. A senda escolar prevista para o acceso ao CEIP da Maía e ao IES de Ames, en Bertamiráns, realizarase creando unha senda peonil na beirarrúa existente modificada na avenida da Peregrina, partindo do cruzamento coa avenida principal da Maía coa propia avenida da Peregrina. Nese inicio da rúa é onde se prevé o comezo da senda con pavimento diferencial da beirarrúa existente que se implementará na actual sección da avenida da Peregrina modificando anchos de plataforma e adaptándoa ás necesidades expostas e coordinándoo con outros proxectos en marcha. A senda escolar prevista para o acceso ao CEP de Ventín dende a zona oeste do Milladoiro terá un trazado eminentemente rural partindo desde unha glorieta na rúa do Buxo por un camiño actualmente en terra cunha pendente entre un 8 e un 20 % neste primeiro tramo. Na intersección do camiño acondicionado coa estrada á aldea de Ventín farase un paso de peóns para cruzar pola marxe esquerda da devandita calzada para continuar coa senda. Neste segundo tramo prevese que a senda discorra polo carril esquerdo anulado e quedando o dereito activo para vehículos en sentido Ventín, coa particularidade de quedar ese viario con velocidade 20 km/h de servizo ás naves comerciais dos arredores. Ao final do tramo en asfalto comentado, este conéctase cun viario de acceso á aldea de Coira. C.G.

01 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.