Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Licitan obras de mellora do muíño de Tapia

ames. A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames vén de aprobar o expediente de contratación para a licitación das obras de reparación da cuberta dos vestiarios e o acondicionamento do muíño que están situados na área recreativa de Tapia, á beira do río. Este proxecto, que conta cun orzamento base de licitación de 127.563 euros, está sufragado con cargo á primeira fase do POS+ Adicional 2/2021. Estas obras de mellora uniranse a outras realizadas no ano 2017 para mellorar a accesibilidade nas instalacións desta área. Trátase de reparar a cuberta dos vestiarios e acondicionar o muíño desta área recreativa, xa que é un local de carácter lúdico utilizado principalmente na primavera e na época estival para realizar reunións e comidas de amigos. A cuberta dos vestiarios de Tapia encóntrase en mal estado, con filtracións de auga e con deterioro da madeira que constitúe esta estrutura, polo que se prevé levantar toda a cuberta, incluso a súa estrutura, e substituíla por unha nova. No caso do muíño, carece de porta e de alumeado interior, e a cuberta encóntrase en mal estado de conservación, polo que, ao igual que no caso dos vestiarios, preténdese levantala e substituír a estrutura da mesma por unha nova aproveitando para colocar un punto de luz estanco no interior do muíño, e unha porta de enreixado, tipo tramex, de aceiro inoxidable. c. a.

14 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.