Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Limpan a sima do Pico Sacro esta fin de semana uns trinta voluntarios

Hoxe continúan estos labores, que se realizan por primeira vez en máis de medio século

Boqueixón. A primeira xornada de limpeza da sima do Pico Sacro concluíu con bos resultados (só na quenda da mañá retiráronse un total de 1.383 quilos de materiais das covas). Esta cantidade foi transportada en sacas (de aproximadamente 20 quilos cada unha) a un contedor localizado a carón da capela de San Sebastián. En total, son preto de 30 as persoas que colaboran de xeito voluntario nesta actividade posta en marcha entre o Concello e a Federación Galega de Espeleoloxía, e na que colabora o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Dende o Concello boqueixanés valoran “moi positivamente esta iniciativa, que se desenvolve por primeira vez en máis de medio século. Este labor resulta fundamental non só dende o punto de vista patrimonial e espeleolóxico, senón tamén dende o turístico”. O presidente da Federación, Francisco Rodríguez, explicou que se dividiron “en distintos grupos e establecemos quendas para trasladar as sacas ata o colector. No caso das covas, instalouse unha tirolina dende a cabeceira da sima de menos profundidade para o traslado das mesmas”. Hoxe continuará a segunda xornada de limpeza, que rematará ás 14.00 horas. C.E.

06 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.