... “Limparía os montes e asfaltaría nas aldeas”
Juan Diego Fernández
Residente da aldea de Barreiro, casado e con dous fillos, que tres cousas faría en favor dos veciños e veciñas?
O primeiro que melloraría sería a conexión con Santiago. Recuperaría a liña que había antigamente entre Ortoño e Compostela e que eliminaron. Segundo, limparía a maleza nas aldeas, e, por último, asfaltaría as estradas das mesmas. O alcalde ten moi abandonado o rural, espero que o novo faga algo. Os cascos urbanos do Milladoiro e Bertamiráns creo que están impresionantes, pero o rural, totalmente deixado, e pagamos o IBI ao igual que todos os demais.
Que é o mellor de vivir no concello de Ames?
A tranquilidade, sobre todo agora nos tempos que vivimos. Tamén hai moitos servizos e estanse arranxando parques.
E o que peor leva?
O abandono do rural. Falta limpeza dos montes e onde eu vivo non hai asfalto, e queda a oito quilómetros da capital de Galicia. E xa o sabe o alcalde, hai rexistros, hai entrevistas con el, pero aínda así, nada.