Localizan vertidos procedentes de vivendas en Vedra
VEDRA. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade eliminou un punto de vertido de augas residuais urbanas ao dominio público no concello de Vedra. Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron este foco no lugar de Tomonde, na parroquia de Santa Cruz de Rivadulla, onde detectaron as verteduras procedentes de varias vivendas. No marco das distintas inspeccións realizadas á zona, os técnicos de Augas comprobaron a orixe do foco nun pequeno sistema de depuración para o tratamento das augas residuais dos citados inmobles, que vertía de xeito indirecto ao dominio público por infiltración ao terreo. A.P.
03 may 2021 / 01:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en
Mi Correo Gallego.