Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lola Vendetta ofrece reflexión, autocoñecemento feminino e ilustracións

Ames. Acércate, as xornadas de igualdade e prevención da violencia de xénero, retornan esta fin de semana a Ames, xa na súa undécima edición. E fanno cunha auténtica crack das redes sociais, Lola Vendetta. Deste xeito, e despois de que estas xuntanzas foran adiadan no pasado mes de decembro, o evento está de volta coa ilustradora Raquel Riba Rossy Lola Vendetta.

Vendetta, que ten más de 600.000 seguidores en Instagram, asinará libros e ofrecerá un coloquio e un obradoiro de ilustración para todas as idades. Será este sábado 5 de marzo, de 10.00 a 14.00 horas, no auditorio da casa da cultura de Bertamiráns, baixo o título Máis vale Lola... que mal acompañada. Alí, a artista convidada porá en marcha unha charla participativa na que as persoas asistentes poderán introducirse nun espazo de benestar, reflexión, autocoñecemento e autocoidados. A continuación, impartirá un taller de ilustración para todas as idades, no que compartirá experiencias e sensacións sobre o debuxo e tamén a expresión artística.

RESERVAS. Todos aqueles que xa reservaran praza en decembro manteñen o seu oco. As xornadas Acércate, que levan máis dunha década promovendo o empoderamento, feminismo e reflexión, están dirixidas ao público de calquer idade, que está convidado a participar nun evento que estivo orixinalmente programado para o pasado 4 de decembro, pero que tivo que ser adiado por motivos de saúde. M. Outeiro

03 mar 2022 / 21:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.