Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lorenzo Baleirón, un centro en loita contra o maltrato animal

Denuncian o ataque con perdigóns ao gato que coidan desde hai 4 anos, o cal perderá un ollo

Aparece cada ano nos medios de comunicación con motivo do premio de poesía que leva o nome do escritor dodrense Eusebio Lorenzo Baleirón, aínda que este colexio público integrado (CPI) plurilingüe de Dodro vai máis ala da súa labor docente e de formación e inculca, a través de feitos, valores o seu alumnado como é o respecto polos animais. Por elo, a loita contra o maltrato animal converteuse nos últimos anos nunha materia máis para a comunidade educativa do centro, que realiza campañas desde 2012 e vén de denunciar o despreciable ataque que sufriu un gato que coidan desde hai catro anos.

“Temos un gatiño no cole, no CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón, de Dodro. que leva catro anos sendo coidado por nós (alimentado, desparasitado, curamos as feridas que poida ter, e ten unha camiña no patio...) Pois onte apareceu o pobre animaliño cunha pata rota e feridas na cara. Os veterinarios da clínica de Padrón viñeron por el e, ao facer radiografías, viron que o gato recibira varios perdigonazos. Un deles rompeulle unha pata traseira e o outro quedou aloxado no cráneo, detrás do globo ocular. Perderá a vista deste ollo”, explican nun comunidado remitido aos medios de comunicación.

Segundo explicaron, a dirección do centro educativo xa se puxo en contacto co Seprona para denunciar o caso. O gatiño foi atendido na clínica de Padrón na que os veterinarios tiveron que realizar unha operación de urxencia que se alongou bastante tempo. Aproveitaron tamén para esterilizalo.

O profesorado do Eusebio Lorenzo Baleirón aportou os cartos para a operación e tratamento do animal. “O animaliño estase a recuperar ben e permanecerá hospitalizado na clínica ata que se comprobe que as fracturas van soldando”, explican.

No centro educativo o alumnado e familias recibiron a nova con pesar xa que o animal forma parte da comunidade educativa. “O que urxe agora é atoparlle unha familia de adopción xa que se trata dun animaliño moi sociable e cariñoso que precisa un lugar seguro e moito cariño para poder ter unha vida digna”, explican os seus coidadores.

En caso de que haxa xente interesada en adoptalo, poden poñerse en contacto co colexio no 881 867041 ou na dirección de correo cpi.lorenzo.baleiron@edu.xunta.gal. A comunidade educativa quere facer público o seu agradecemento aos veterinarios da clínica de Padrón, “portáronse xenial con nós , adaptando o custo o que puideron para axudar a sufragar os gastos e así colaborar nesta boa acción”.

Finalmente desde o centro educativo de Dodro confían en que se localice ao responsable ou responsables, que non queden impunes e se depuren as correspondentesresponsabilidades.

24 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.