Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Luz verde á licitación do asfaltado das rúas Poeta da Maía, Xesteira e Fieira, sitas en Bertamiráns

AMES. Tres rúas da contorna da Praza de Chavián e da parte oeste da avenida da Maía, en Bertamiráns, van ser obxecto da mellora da súa capa de rodaxe, despois de que a xunta de goberno local aprobase un novo proxecto con fondos do Plan Ames Progresa 2021-2023, que inclúe un conxunto de actuacións en infraestruturas do concello nos últimos

meses. A obra, cuxa licitación conta cun orzamento base de 101.358,13 euros, afectará ás rúas Xesteira e Fieira, situadas á altura da Praza de Chavián, ao sur da avenida da Maía, e á rúa Poeta da Maía, que conecta esta avenida coa zona do Pedregal. Deste xeito, actuarase sobre dous ramais dunha das vías principais de Bertamiráns creando unha nova capa de rodaxe en toda a superficie das tres rúas e aplicando unha capa de aglomerado en quente despois de ter fresado e preparado as zonas. Ademais deste traballo común a todos os treitos, na rúa da Fieira acondicionarase unha nova área de 185 metros cadrados que aumentará o ancho da vía existente, actuando con capas de saburra, grava e tratamento asfáltico, para despois proceder coa mesma mestura da nova capa de rodaxe. As reformas completaranse co pintado da correspondente sinalización. A recente aprobación desta obra acompaña a outras melloras en infraestruturas lanzadas

como parte do Plan Ames Progresa 2021-2023, como a licitación da reforma nos

interiores e accesos ao Instrumento por 183.286,40 euros; o asfaltado das Punxeiras por 175.148,95 euros, ou o da urbanización Aldea Nova por 243.882,74 euros; a senda peonil de Lapido a Maguxe, adxudicada por 201.060,18 euros; a rede de pluviais no lugar de Cantalarrana, por un importe de 55.780,33 euros; ou as obras de saneamento e abastecemento de Guimaráns e Buceleiras (68.164,47 €). O alcalde, Blas García, explicou que se vai actuar en tres rúas que precisan mellorar o pavimento. c.e.

24 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.