Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 04 febrero 2023
16:33
h

Lydia Botana e Fabaloba traen contos e cancións

A Maía. As actividades de outono do programa Apego de Ames continúan con dúas sesións de contos e cancións infantís apoiadas por ilustracións nun Kamishibai (teatro de papel) da man da pedagoga musical Lydia Botana Bolboreta e de Fabaloba.

Deste xeito, o venres 18 de novembro desenvolverase o primeiro obradoiro, Quen canta alí?, na casa da cultura de Bertamiráns e con prazo de anotación xa aberto ata o día 17. E logo chegará un segundo, Un bico para Ali, que terá lugar o xoves 24 de novembro na casa da cultura do Milladoiro (o período de inscrición xa está en marcha e remata na xornada do vindeiro día 23) . Ambos comezarán ás 18.00 horas, e están pensados para rapaces a partir de 3 anos. Para participar en calquera deles é preciso inscribirse enviando un correo electrónico (ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal), indicando o nome e apelidos dos asistentes, un teléfono de contacto e a idade dos nenos que vaian a participar. ECG

11 nov 2022 / 23:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.