Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 02 febrero 2023
14:07
h

Magostos en Barouta e O Milladoiro este venres

Ames. A concellaría de Cultura amesá colabora na organización de dúas festas de magosto que se van a celebrar este venres, 11 de novembro, na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro (18.00 horas), e no campo da festa do San Amaro de Barouta, a partir das 17.00 horas, con concerto das Maianas baixo carpa e recadación de fondos para a excursión do alumnado. Incluirán música, obradoiros, xogos populares e produtos típicos de outono como castañas asadas, chourizos e doces. Estas dúas festas están organizadas polo CEP de Ventín e a ANPA As Brañas e polo CEIP de Barouta e a ANPA San Mauro. No magosto do Milladoiro tamén colabora a Xuntanza de Empresarios de Ames, e haberá sorteos a partir das 21.30 horas. Cultura quere destacar a importancia do magosto como unha das festas máis populares do noso territorio coas tradicionais degustacións de castañas. Con esta colaboración, preténdese darlle difusión a esta tradicional festa e unir á xente dentro do municipio maián. Segundo a edil Natividade González, “dende o Concello inténtase fomentar o asociacionismo e por iso colaboramos en iniciativas como estas intentando achegar medios que dende as propias asociacións nos demandan como grupos musicais, carpas, materiais, taboleiros, etc. As festas do magosto son unha tradición que non debemos perder”, indican. M.M.

08 nov 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.