Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Máis cursos para pechar o ano na aula CeMIT

AMES. Ao longo do último trimestre, a Aula CeMIT de Ames vai desenvolver oito cursos presenciais, dirixidos ao público adulto e ao infantil. Todos contarán cun total de 13 prazas, para as que cómpre inscribirse chamando ao 682 373 753, ou ben escribindo ao enderezo electrónico cemit.ames@xunta.gal. Por unha banda, os cursos para o público adulto desenvolveranse de 10.30 a 12.00 horas. A primeira proposta, unha introdución á administración electrónica, terá lugar os días 18, 19 e 20 de outubro. A seguinte semana, os días 25, 26 e 27, realizarase o de Crea o teu CV a medida! e, en novembro, seguirase coa temática laboral co taller Busca de emprego a través de Internet, os días 2 e 3. Os martes e xoves do 8 de novembro ó 15 de decembro haberá un de iniciación á informática. No caso dos destinados aos nenos, o trimestre comezará ca proposta Traballos de clase con Libre Office Writer! Hai cursos de informática básica e de mecanografía. C.E.

02 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.