Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Máis de 1.300 rapaces nas recepcións dos Reis Magos

Ames. Os Reis Magos recibiron a máis 1.300 nenos de Ames nas recepcións levadas a cabo nos pavillóns municipais ao longo do martes 3 de xaneiro e do mércores 4 de xaneiro. Melchor, Gaspar e Baltasar estiveron tanto no polideportivo do Milladoiro coma no de Bertamiráns recollendo as cartas e os desexos da cativada. As súas Maxestades ofrecéronlle aos pequenos unha chave máxica que permite acceder a todos os domicilios deste municipio maián, e que debe ser colocada nas casas a noite de Reis. A cativada local sorprendeuse coa decoración dos pavillóns nos que se instalou unha haima xigante dentro da que se atopan os tronos dos Magos. E ao longo desas dúas xornadas, trasladáronlle aos Magos os seus desexos e peticións e, sobre todo, a ilusión coa que esperaron o momento de erguerse e descubrir os agasallos debaixo da árbore, como así foi. Melchor, Gaspar e Baltasar quixeron así trasladarlles os seus agradecementos. M.M.

09 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.