Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Máis espazo e servizos coa nova nave de obras

a maía. O alcalde Blas García visitou a nova nave para a brigada de obras situada na estrada de Bertamiráns a Lapido. E fíxoo xunto cos voceiros do goberno tripartito e o responsable deste grupo de operarios, Juan Calvo.

A nova nave conta cunhas dimensións máis amplas (890 metros cadrados construídos) e un mellor acceso ao estar na estrada de Lapido, unha vía que conta con menos tráfico que a AC-543, onde se atopa a actual nave de obras. A parcela onde se sitúa o recinto dispón de 1.858 metros cadrados. Esta nova nave conta con vestiarios masculinos e femininos, e un aseo adaptado para persoas con diversidade funcional, que ocupan unha superficie de 70 metros cadrados. Ademais, hai unha zona de almacén e unha zona de oficinas, onde de habilitou unha sala para xuntanzas, un despacho para o responsable da brigada e un posto para o persoal desta brigada especializada en obras.

Tamén se vai habilitar un posto específico para os albaneis, onde poidan realizar pequenas reparacións, e un local para os electricistas, tamén para facer reparacións e gardar o stock de material. O novo recinto dispón de tres zonas específicas de garaxe: un para os vehículos e material de xardinería, outro para Protección Civil; e un terceiro para a brigada municipal de medio ambiente. En total, investíronse na reforma uns 63.000 euros. m.m.

28 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.