Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Malestar en Ames polos prazos do novo convenio

AMES. Pola súa banda, dende o Concello de Ames emitían unha nota asegurando que o seu concello, pero tamén os de Santiago, Teo, Brión, Oroso e Negreira, “amosan o seu malestar ante o pouco prazo dado por Mobilidade –ata o 6 de outubro– para estudar o novo convenio do transporte metropolitano. Tamén demandan maior información por parte da consellería e unha xuntanza, xa que os respectivos órganos municipais deberán refrendalo antes do 13 de novembro. A xuizo do goberno amesán, a xuntanza telemática da comisión de seguimento “colleu de sorpresa aos poucos presentes ante o anuncio da sinatura dun novo convenio para os vindeiros catro anos e a premura nos prazos dados por Mobilidade para o seu estudio e aprobación”. Critican que nin tan sequera se puido aprobar a acta anterior “por falta de quórum”, e tan só contou coa presenza dos munícipes de Santiago, Ames, Teo, Oroso, Brión, Vedra e Touro “dos 18 concellos que compoñen a Área” compostelá. Ao longo da xuntanza da comisión din que nada se falou sobre o estado das licitacións do transporte metropolitano, e nese sentido, “só ante a pregunta de varios concellos informouse da previsible posta en funcionamento destas novas liñas no mes de decembro deste mesmo ano”.

Por último, trasladaron queixas polos horarios das novas liñas que xa funcionan. m.manteiga

28 sep 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito