Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Malestar na Casalonga polo tráfico en sentido único

Teo. Veciños do entorno da Casalonga, en Teo, veñen de poñerse en contacto con este xornal para trasladar o seu “gran malestar” polo sentido único do tráfico que o Concello vén de incluír, e ao que seguiu o pintado das novas sendas peonís na zona.

Deste xeito, os afectados atopáronse con axentes locais vixiando a zona varias semanas despois de que se colocase a sinalización, aínda que non hai constancia de que puxeran sancións (cando menos ás persoas que chamaron). En concreto, os residentes na zona do camiño de Riotinto teñen que dar un rodeo pola aldea de Ameneiro ou ben pola da Pedreira pra chegar as súas propiedades, a pesar de que algunhas están a poucos metros da entrada á zona.

Ademais, cren que se van pintar prazas para estacionar, “e a ver como circulamos entón, coa estrada aínda máis estreita”, subliñando que esta zona está afectada polo Camiño de Santiago, “e esperamos que solicitaran os permisos correspondentes”. Tamén afirman que lle pediron explicacións a membros do executivo local, que goberna unha Corporación de 17 con catro edís, “porque aquí ninguén pediu prazas nin cambiar os sentidos do tráfico; dixeron que o pediran os veciños e tamén a ANPA, e é falso”. O.D.V.

03 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.