Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Mantemento teense para a mediateca sita en Cacheiras

Teo. A concellaría de Cultura teense, con María López á fronte, programou obras de mellora na Mediateca de Cacheiras nas últimas semanas. Durante as vacacións de Nadal pintouse a instalación para o que houbo que retirar todas as estanterías que cubren as paredes. Son traballos de mantemento “moi necesarios nun espazo de uso diario”, dixo. Ademais, logo de rematar as obras tivo que colocarse de novo o fondo bibliográfico co que conta a biblioteca.

Nos últimos meses tamén se executaron obras na Casa común dos Tilos, onde se actuou sobre a envolvente xa que estaba bastante deteriorada. Aproveitando estas tarefas realizouse un expurgo de máis de 5.000 exemplares. Os dous centros que funcionan como biblioteca en Teo teñen unha gran cantidade de exemplares e para que os espazos sexan operativos foi preciso eliminar esta cantidade de libros.

A finais do ano pasado nos Tilos sumaban 17.929 volumes e en Cacheiras 19.208 exemplares. En relación co número de usuarios con carné o ano 2022 foi moi positivo xa que Tilos incrementou 36 pasando a ter 392 carnés e Cacheiras fixo 100 novos tendo agora 1.078, e prestáronse, respectivamente, 1.768 e 2.130 volumes. O.D. Vilar

23 ene 2023 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.