Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Manterase a suba ata os 60.000 € das axudas sociais

A Maía. O tripartito amesán aprobou en xunta de goberno a convocatoria de subvencións para o exercicio 2022 a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social.

Con estas axudas búscase reforzar a colaboración coas entidades que leven a cabo actividades complementarias aos servizos sociais, e que favorezan a inclusión social, a saúde pública ou a formación laboral. Ao igual que en 2021, e dado o crecemento constante das solicitudes presentadas, a contía total volve a acadar os 60.000 euros, un aumento do 50 % con respecto ao previsto no plan de axudas. No anterior exercicio, 9 entidades beneficiáronse destas subvencións por 57.650 euros. Serviron para promover 14 proxectos, que trataron temas como a educación emocional ou o acompañamento integral, e que serviron para cubrir necesidades básicas como o acceso á vivenda.

A edil de Benestar Social, Luisa Feijóo, destacou a importancia destas axudas para continuar o traballo conxunto entre o Concello e as diversas entidades: “Cada vez máis, vemos a necesidade de colaboración e coordinación coas diferentes entidades de iniciativa social”, apunta. M.M.

27 abr 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.