Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Manuel Portas e Sica Romero levan as súas obras ao Pazo da Peregrina

A Maía. O departamento de Bibliotecas amesán acolle esta semana dúas novas presentacións de libros, achegando un mes máis novos proxectos literarios á veciñanza. E van ser este mércores 15 e o xoves 16, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns a partir das 20.00 horas.

A primeira delas será Unha cervexa Chang, do escritor Manuel Portas que explora mares narrativos que nunca antes navegara, introducindo ao lector no mundo da investigación pseudodetectivesca, no do comercio ilegal dos tesouros perdidos e nunha trama en que nada é o que a priori pode parecer. Portas é profesor de lingua e literatura no Instituto Xelmírez I de Santiago, que tamén dirixe. É coñecido pola súa labor pedagóxica e sociolingüística.

E, por outra parte, o xoves será a quenda da escritora Sica Romero que vai presentar a súa primeira novela Avelaíñas Eléctricas, a historia de dúas rapazas que intentan fuxir dos seus lobos e tamén das súas sombras.

Esta será a última presentación do presente curso, polo que as bibliotecas amesás emprazadas nas dúas urbes maiás pechan con estas dúas presentacións as súas actividades de animación á lectura para o público adulto ata despois do verán. Ámbalas dúas presentacións, que se desenvolverán no espazo monumental amesán por antonomasia, coinciden ademais coa presentación da editorial nêspera, nova editora independente que aposta pola publicación coidada de obras orixinais en galego. O.D. Vilar

14 jun 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.