Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Mariña Pérez Rei e Rafa Vilar nun encontro literario o 21

Ames. O departamento de Bibliotecas amesán organiza un novo encontro literario co gallo do mes do libro, de novo coa presenza de destacados autores residentes no municipio. Este xoves 21 de abril, Mariña Pérez Rei e Rafa Vilar estarán a partir das 20.00 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, con entrada libre ata completar aforo.

Mariña Pérez Rei (Ames, 1966) é unha escritora galega que produce tanto poesía como narrativa, acadando varios premios en ambos sensos ao longo dos últimos anos. O seu primeiro poemario, Fanerógama, levou o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 2005. Ademais, a súa prosa foi recoñecida co Premio Lueiro Rey de Novela Curta 2006, por Canícula, e resultando gañadora da novena edición do Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos no 2010.

Rafa Vilar (Cee, 1968) ten máis dunha ducia de títulos publicados dende os anos 90, con galardóns coma o Premio Fermín Bouza Rey 1992 por Liques da memoria, o Eusebio Lorenzo Baleirón 2006, pola obra Escoración dos días, o Cidade de Ourense 2008, por Migracións, ou o Premio Arume de poesía para nenas e nenos 2011 ou o X Certame de Poesía Xosé Manuel López Ardeiro. M. Outeiro

20 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.