Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Media tonelada de víveres para o banco de alimentos co colexio de Barouta

Ames. O CEIP de Barouta vén de entregar ao Banco de Alimentos de Ames as doazóns de produtos de alimentación e hixiene realizadas pola comunidade educativa do centro. En total, media tonelada de achegas foron recollidas co gallo da celebración da sexta edición da carreira solidaria Móvome pola Paz, que o colexio organiza polo Día Mundial da Paz.

Nesta edición, e malia non poder gozar do público e ter que organizar o evento solidario con restricións pola covid, a rapazada do centro viviu unha xornada especial nos seus grupos burbulla e asemade, a recadación de alimentos e produtos de hixiene recordou á de anos anteriores. Ao acto de entrega acudiron a edila de Benestar Social, Luisa Feijóo; o mediador intercultural Leonardo Pena; a educadora familiar Soraya Añón; o director do CEIP de Barouta, Alonso Caxade, e a xefa de estudos, Vito García.

E entre os produtos recollidos puidéronse atopar caixas de aceite, pasta, legumes, alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene, pero tamén se fixeron notar artigos pensados para a infancia, unha das premisas do centro durante esta campaña. Deste xeito, o Banco de Alimentos recibiu cereais, galletas, cueiros, dentífricos infantís ou toalliñas de aseo.

Nas próximas semanas repartirá os víveres doados ás familias que se benefician do programa municipal de alimentos, apuntaba Feijóo, suliñando “o labor importantísimo de sensibilización e concienciación” da iniciativa. m.m.

05 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.